Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

19 abril, 2014

Off Mental - programa 60


Segundo especial adicado ao selo de música ECM (Edition of Contemporary Music), fundado na cidade de Múnich en 1969 polo músico e produtor alemá Manfred Eicher.

Neste programa, adaptamos radiofónicamente unha entrevista realizada polo xornalista Ferrán Esteve ao director executivo de ECM, que baixo o título "Mandred Eicher. L´home que va fer sonar el silenci", apareceu no nº 19 da revista Jaç (editorial Enderrock), correspondente aos meses de xaneiro/febreiro de 2008. A versión orixinal de dita entrevista pode atoparse neste enlace: http://lesveusdeljazz.blogspot.com.es

Para ilustrar musicalmente a entrevista, seleccionamos pezas do recompilatorio ECM SPECTRUM, VOL. 1 (ECM Records, 1987).
  •  OREGON. The Rapids.
  •  PAT METHENY GROUP. Barcarole.
  •  KEITH JARRET TRIO - Never let me go.
  •  SHANKAR. Paper nut.
  •  EGBERTO GISMONTI & NANA VASCONCELOS - Tomarapeba.
  •  JOHN ABERCROMBIE TRIO - Clint.
  •  TERJE RYPDAL - Sunrise.
  •  JOHN SURMAN - Doxology.
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e TT Radio


Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com
Aviso para radios navegantes: para difundir Off Mental, contacten co Pequeno Monstro.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails