Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 novembro, 2014

Escarnio! Quinto programa este xoves en directo ás 18:00


Xa podedes escoitar a nova emisión en directo de Escarnio! o programa de análise e actualidade política. Desta vez abrimos falando das Marchas da Dignidade, que teñen unha nova cita este 29N para rodear o Obradoiro en Compostela, esixindo Pan, Traballo, Teito e Dignidade.

Contamos cos Partes de Guerra habituáis, onde vos ofrecemos toda a información actual sobre a loita dos "furtivos", as traballadoras de Cleanet, da automoción en Vigo, e moitas cousas máis.

Falamos tamén brevemente do aniversario de revolución de outubro de 1917, que se cumple este mes de novembro (polo cambio do calendario "juliano", vixente durante o zarismo, ao gregoriano).

Na nosa sección cultural falamos desta vez sobre o documental "La herencia de las ausentes", sobre os feminicidios en Ciudad Juarez (que podedes ver neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=-Ob-3xi_eXE).



Xa sabedes, escoitade, participade e sumádevos ao Escarnio! Podédelo facer a través do correo radioescarnio@gmail.com ou do twitter,  @EscarnioRadio


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails