Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Surrealismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Surrealismo. Mostrar todas as postagens

29 novembro, 2013

FilispiM Vai... ao Manchita Cosa. Iste venres 29 de novembro ás 20:00 h. Vés ti?

Iste venres continuará a situación anticiclónica en Ferrol, os ceos estarán pouco anubrados e as temperaturas non sofrerán cambios significativos, mais é unha previsión.
O que si é seguro é que “Rádio Filispim vai … ao Manchita Cosa”. O Colectivo Opaíí! emitirá iste venres 29 de novembro, un programa especial en vivo e directo entre as 8 e 10 da noite, que tinxirá o dial ferrolterráqueo de “manchitas” ben diversas...
O programa será gravado e retransmitido en directo ao través do 93.9 FM e vía streaming para todo o mundo. Ademáis, haberá música en directo. Que pasa?
Iste venres 29 de novembro, entre as 8 e as 10 da noite, vai ti saber que se coce no Manchita... radio en directo e ao vivo.
Filispim vai... VÉN TI!!!

18 novembro, 2013

Novas Locais. Acción colectiva surreal no Ateneo Ferrolán patrocinada polo Concello.


O que van vostedes ouvir de seguido é a fotografia do actual estado das cousas no edificio do Ateneo Ferrolán. Os antecedentes que fixeron que se chegara a esta situación xa os coñecen: a cesión de parte do edificio do Ateneo, por iniciativa unilateral do Goberno do Partido Popular, a outras entidades logo da sua rehabilitación, no último momento e sen dialogo previo co Ateneo. É dicir, a traición.

O que aconteceu no serán do pasado venres 15 de novembro ás portas no propio Ateneo foi o resultado mesmo de tal "desaguisado", patrocinado polos irresponsables do actual Goberno do Concello de Ferrol, en mans do surrealista Partido Popular.

Os elementos que os ouvintes deben pór en imaxe, antes de ouvir o seguinte audio, son: o Ateneo Ferrolán, unha AVV do Centro, unha televisión local propiedade da presidenta da referida asociación, o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Man (o de Camelle), Manuel-Reyes-García-Hurtado (o de Cultura), a Policía Municipal e, para rematar, o Real coro Toxos e Froles...

Saquen vostedes a súas propias conclusións. A visión da outra parte será televisada...
Miguel Castro & Pequeno Monstro para os informativos de Rádio FilispiM.

11 novembro, 2013

Novas Locais. Fenómenos estraños no Ateneo Ferrolán.



A autodenominada Asociación de Veciños do Centro vén de advertir que, nalgunhas ocasións, as actividades que eles programan no edificio do Ateneo cadran en tempo e espazo coas que programa o propio Ateneo. Ademáis, denuncian que aparecen armarios con útis de limpeza fechados con chave e que no Ateneo "ponen la radio a todo volumen y no podemos dar clases, porque el ruido es ensordecedor". Por outra banda, denuncian que o ascensor que os leva ao segundo andar, onde teñen o seu espazo, non funciona e que segue a haber goteiras, cuestións que xa coñecen dende o mes de maio o Alcalde e concelleiros responsábeis, sen que se dera solución.

O pasado 18 de outono de 2013 Rádio FilispiM estreou un novo espazo o "FilispiM Vai...", que como non podía ser menos, arrincou dende o Salón de Actos do edificio do Ateneo Ferrolán. En directo, durante dúas horas, falouse coas persoas que dan vida a centenaria entidade da rúa Madalena. Recollemos algúns dos momentos nos que o Presidente do Ateneo, Ramón Veloso e unha das traballadoras, Cristina, de administración, comentaban a peculiar situación na que se atopa o Ateneo tras a ocupación da súa sede por parte doutras asociacións, previa traición do actual goberno do Concello de Ferrol, en mans da maioría absoluta do dereitista PP.

Informou o Pequeno Monstro para os Informativos de Rádio FilispiM.

Related Posts with Thumbnails