Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador comité cidadá emerxencia ría ferrol. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador comité cidadá emerxencia ría ferrol. Mostrar todas as postagens

10 junho, 2016

Acto em reconhecemento da luita do movemento opositor a REGANOSA

Atendendo a chamada do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, Rádio FilispiM acudiu a gravar o ato realizado este joves 2 de junho, que teve lugar em Ferrol, no Centro Cívico Carvalho Calero.

Ao ato acudiu todo o movimento opositor a Reganosa, e sucedéronse multitude de intervençons do mundo da cultura, políticas e artísticas que nom queriam deixar de dar ou seu apoio e reconhecemento á constância, força e valor das gentes da comarca nesta luita.

Também lembrarom @s que já nom estam com nós e que levam moi presentes em todo quanto fam.


23 julho, 2014

O Recuncho nº 192


Mércores, 23 de xullo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Até o fin de Agosto, cada mércores emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores.
“O Recuncho” nº 192 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Novas e comunicados de actualidade.
Intervencións de Luz Marina Torrente, Lupe Cés e Lalán, ao remate da VIII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, do pasado venres.
Recuperando parte do programa nº 72 de Novembro 2011:
A profesora Pilar Patinho e a nosa compañeira Lorena Calaza, achégannos á figura e á obra de Luisa Villalta, poeta e dramaturga.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Os tres tabúes da campaña electoral”.
“Os libros comentados” de Víctor G. Novás: “Contra la Neutralidad” de Pascual Serrano.
Música: José Afonso “Zeca”.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com

06 março, 2014

O Recuncho nº 175


Mércores, 5 de marzo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 175 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitado: Manuel Rdgz Carballeira, presidente de FUCO BUXÁN
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ” Programación Teatral en Narón”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Antonio Lucas
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

12 fevereiro, 2014

Reganosa, os gaseiros, a Ría, os temporais e a vida.


O sabado día 8 de febreiro de 2014, coa pleamar de pola mañá, estaba prevista a entrada na Ría do gaseiro de bandeira de comenencia "LNG Bonny" para descargar GNL (gas natural licuado) na planta de Reganosa. As condicións metereolóxicas e a singularidade da canle de acceso á Ría imposibilitaron a entrada. 

Unha vez máis, amósase que a relocalización da planta de gas no interior da Ría non obedeceu a razóns técnicas, senón que a verdadeira razón de fondo foi a operación especulativa da parcela onde se levantan os tanques, que lle reportou ao grupo empresarial Tojeiro 30 millóns de euros.

Esta Planta de Gas constitue un caso paradoxal de corrupción, no que os grupos maioritarios poñen as administracións públicas ao servizo dos intereses de Reganosa, como se pudo comprobar recentemente no informe da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

A planta de Reganosa non só é unha instalación ilegal, perigosa e nociva para o ecosistema da nosa Ría, senon que forma parte do atraco o que nos vemos sometidos a cidadanía, a través das constantes subidas das tarifas da electricidade e gas que van a engrosar a conta de resultados das empresas enerxeticas.

Como en cada ocasión que se anuncia a entrada dun buque gaseiro na nosa Ría, unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentrouse na Praza Amada García, demandando o peche da Planta, en defensa da Ría e da vida.

Dende Rádio FilispiM unímonos ao berro de PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!!


Informou Miguel Castro para os Informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos RFM).

+ info: http://cociudem.wordpress.com/




11 novembro, 2013

Novas Locais. Faleceu Vitoria Fernández Paredes, activista social de Ferrolterra.



A compañeira Vitoria Fernández Paredes, tras unha irreversible enfermidade, deixounos esta semana. 



En febreiro do ano 2009 no primeiro aniversario do falecemento do seu marido, Carmelo Teixeiro, no program a O Recuncho emitido en Radio Filispim, se lle fixo unha interesante entrevista onde Victoria repasaba os camiños vitais do seu compañeiro, Carmelo que, sen dúbida, coma escoitaremos, en moitos casos foron tamén os camiños que levou esta excepcional persoa que foi Victoria Fernández.

Escoitamos a Victoria. 


Informou Miguel Castro para os Informativos de Rádio FilispiM.

23 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. O accidente do cargueiro na boca da Ría de Ferrol, puido ser o dun gaseiro...


O accidente sofrido por un buque cargueiro na boca da Ría de Ferrol, puido ser o dun 
gaseiro con consecuencias catastróficas.


O accidente sofrido o pasado domingo 19 de maio polo buque cargueiro “Anna”, que embarrancou na boca da Ría de Ferrol, pon unha vez máis de manifesto os riscos de navegación na canle para buques de gran tonelaxe e a dificultade de resolver imprevistos técnicos ou metereolóxicos. Non é este un suceso illado, senón que forma parte dunha serie de accidentes ocorridos xa no interior da Ría ou na súa canle de entrada. Confirma tamén os argumentos deste Comité Cidadán de Emerxencia, tantas veces feitos públicos, advertindo do perigo do tránsito no interior da nosa ría de gaseiros cargados de GNL, que incumpren ademais importantes e básicas medidas de seguridade. Se o accidente sucedido onte protagonizáseo, en lugar dun cargueiro en lastre, un gaseiro cargado de miles de toneladas de GNL, o pánico –con toda certeza– estenderíase por toda a comarca. A poboazón trataría de fuxir dunha posible explosión, ata que todas as vías de saída quedasen colapsadas. Nunca foi importante para os concellos da ría contemplar esta posibilidade e non existe por tanto ningún plan de evacuación que os veciños coñezan. Para qué alarmar? Maloserá…. total, os discursos políticos son quen de atopar argumentos para todo e ninguén se sentiría responsable… 


 Redacción Informativos RFM

06 março, 2013

NOVAS LOCAIS. Balanzo do Comité Cidadá de Emerxencia da Ría Ferrol, trala visita da Comisión do Parlamento Europeo.


Manuel Rodríguez Carballeira "Lalán", presidente do Comité Cidadá de Emerxencia da Ría de Ferrol, fai balanzo nos micrófonos de Rádio FilispiM da visita da comisión do Parlamento Europeo a Ría de Ferrol.

Como xa coñecen os nosos ouvintes, a comisión de Peticions del Parlamento Europeo viaxou as rías de Vigo, Ferrol e ol Burgo os pasados 12 e 13 de febreiro para analizar as once denuncias presentadas por diferentes asociacions ciudadás sobre os altos níveis de contaminación que sofre a zona, que poderían vulnerar as leis europeas de protección medioambiental, entre os denunciantes está o Comité Cidadá de Emerxencia da Ría de Ferrol.

Ir a descargar

 + información do CCE Ría Ferrol en: http://cociudem.wordpress.com

Redacción informativos RFM
Related Posts with Thumbnails