Pesquisar neste blog

10 maio, 2013

Baixo Lupa 10P 1T A Mafia IV (4/4) Agroalimentación e sanidade


Rematamos no mundo da mafia, ben poderiamos seguer indefinidamente, pero nos contentamos con botarlle un ollo

ó tema sanitario e alimentario. Para elo,
repasamos dúas figuras, ambos autores de libros ó respecto; John Virapen
e Ghislaine Lanctot. 


Baixo Lupa é o programa de arte e sociedade que se
realiza en Radio FilispiM e se emite tamén na Radio Kalimera e en Radio
Malva. 


BaixoLupa 10P 1T by Baixo Lupa



Neste programa utilizamos audios, entre outros, dos documentais "A Corporación" e "A historia das Cousas"

09 maio, 2013

DIVERTIMENTO - Autoorganización social e anarquismo. XI Xornadas Libertarias. Ferrol.

Programa especial de DIVERTIMENTO para pequenos monstros, no que reproducimos en diferirdo a charla titulada AUTO-ORGANIZACIÓN SOCIAL E ANARQUISMO, impartida por integrantes de UNIÓN LIBERTARIA de Ferrol o pasado xoves 2 de maio de 2013 no Espazo Libertario da Avda. de Esteiro (Ferrol), dentro das XI XORNADAS LIBERTARIAS.

Toma de son: Ana Lucecú & Pequeno Monstro.

Emisión: Rádio Kalimera (Compostela), Cuac FM (Coruña) e Rádio FilispiM (Ferrol), rádios libres e comunitarias de GZ.

Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

O Recuncho nº 136


Martes, 7 de mayo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 136, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitada: Viki Taibo: Unha historia do Teatro Estudio.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa:”El discreto encanto de la burguesía”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: William Shakespeare.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Tenores
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

08 maio, 2013

OFF MENTAL (músicas sen fronteiras) programa 50

Formación orixinal da YMO nunha publicación
nipona dos 80´s

Edición especial de Off Mentaladicada ao synth-pop nipón dos 80s, con especial parada no selo Yen Records (Alfa Records).
YELLOW MAGIC ORCHESTRA. (R. Sakamoto, H. Hosono, Y. Takahashi & H. Matsutake). Álbum, Solid State Survivor. Alfa Records, 1979.
  • Castalia.
  • Insomnia.
  • Solid State Survivor.
INTERIOR (Produce: Haruomi Hosono, YMO). 
Álbum, Interior. Alfa Records, 1982 (Japan). Windham Hill, 1985 (USA).
  • Technobose.
  • Giant Steps.
TESTPATTERN (Produce: Haruomi Hosono, YMO). Álbum, Yen-Manifold, Vol.1 (sampler). Yen Records, 1983.
  • Ryugu.
KOJI UENO. Álbum, Yen-Manifold, Vol.1 (sampler). Yen Records, 1983.
  • Tempo di Jazz.
  • Movement Peripetuels.
YEN ARTITS (Colectivo de artistas do selo nipón Yen). Álbum, Yen Memorial. Alfa Records, 1985.
  • Gob be with us till we meet again (extracto).
  • Platonic Stochastics.
Realización técnica, selección musica e comentarios: Pequeno Monstro.
Emisón: Rádio Filispim (Ferrol) & Rádio Kalimera (Compostela).
Todos os programas & contidos adicionais: http://offmental.blogspot.com

07 maio, 2013

Música, surf, medio ambiente - Cuadragésimo noveno programa 30.04.13




LA LARGA Y HERMOSA VIDA DE JUAN ABELEDO

Dos buenos amigos de Juan, Carlos Bremón y Jesús Busto, de edades bien diferentes, pero ambos surfers y amantes de la naturaleza, que durante años le trataron y entrevistaron largamente para distintas publicaciones en épocas también diferentes, nos acompañan en el estudio de Radio Filispim. Con ellos hacemos un recorrido por la vida y valores de Juan Abeledo.

05 maio, 2013

A fábrica de lus vol.15: Ferrol Vello, vida nova


Falamos do barrio Ferrol Vello e as razóns da súa actual situación. Contamos no estudo con Bea García e Al berto Saavedra, veciños do barrio. Coma sempre colleitamos un feixe de entrevistas de veciños e comerciantes.

03 maio, 2013

DIVERTIMENTO - Especial CNT Ferrol - XI Xornadas Libertarias

Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, cunha durazón máis breve do habitual, adicada na súa  integridade a actividade anarco-sindical da CNT na comarca de Ferrol.

Ademáis, falamos do 1º de MAIO e retomamos a última hora do caso "Cafetaría Warhol" e outros nos que a organización anarco-sindical está implicada na defensa dos dereitos dos traballadores.

Para finalizar, fixermos historia do movimento libertario nas últimas décadas na nosa comarca e rematamos falando das XI Xornadas Libertarias que se levan ao cabo estes días no Espazo Libertario no bairro de Esteiro.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Emisión: Rádio Kalimera (Compostela), Cuac FM (Coruña) e Rádio Filispim (Ferrol).


Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

Ponte en Galego: Maio cheo de actividade


Un novo programa do Ponte en Galego! cheo de contidos: a folga contra a LOMCE do próximo día 9 de maio cunha entrevista a estudantes dos Comités que deron unha charla no instituto; o Dicionario vivo coa palabra xarelo/a e unha acepción nova para nós deste vocábulo oferecida en directo por unha ouvinte; a entrevista con Nando Vila, membro do grupo folk eumés Iriadona, e as entrevistas a dúas participantes na experiencia 21 Días co galego do instituto da Pobra do Caramiñal: a profesora Pilar Souto e a alumna Antía, de 2º de Bacharelato. Ambas nos entusiasmaron co seu relato sobre esta actividade e a elas dámoslles as grazas con este debuxiño tirado do seu blogue.


E para finalizar, a entrevista que esta mesma mañá lle fixemos a Manuel Méndez, do equipo de filmación do lipdub que, ao son do Ghaiteiro dos Diplomáticos, terá lugar este próximo sábado polas rúas de Pontedeume para a súa posterior emisión na TVG.


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]