Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

18 outubro, 2014

XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, presentación 10ª grella, 2014/2015


Iniciada a décima grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM, retomamos un dos nosos encontros clásicos coa comunidade "ferrolterráquea", a Sesión Vermú. 

A XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, acontecerá este sábado 18 de outubro de 12:00 a 15:00 h, na traseira do Mercado de Caranza. Contaremos coa actuación do grupo de música tradicional, "Vai Rañala Meu". 

Durante as tres horas emitirase un programa de radio especial ao través do 93.9 FM, donde as voces habituais da radio libre, falarán das súas propostas radiofónicas para este novo curso radiofónico. A festa da radio libre acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio.

Como ao inicio de cada grella, o Colectivo Opaii!- Rádio FilispiM, oferece a comunidade a posiblidade de involucrarse no proxecto. As persoas interesadas deben enviar as súas propostas ao enderezo filispina@gmail.com .No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, atópase información sobre o ideario fundacional desta iniciativa cidadá.

No mes de agosto de 2015 Rádio FilispiM cumprirá 10 anos de emisións initerrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que nestes anos pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca.

Este sábado 18 de outubro entre as 12:00 e 15:00 h. da tarde, pasa pola traseira do Mercado de Caranza e toma un vermú na festa da radio libre!!

Promo (version 1)

Promo (version 2)

17 outubro, 2014

Ábrete de orellas, programa 48, 13-outubro-2014


Artistas galegos, españois e internacionais de diferentes estilos conviven en Ábrete de orellas.

Con motivo do inminente segundo álbum en solitario de Guadi Galego, lembramos un par de pezas da súa carreira e estreamos o adianto de "Lúas de outubro e agosto".
Recomendamos un par de concertos internacionais na Coruña e Ferrol e a xira galega de Sidonie.

Outra muller que tamén protagoniza un trío de cancións é Carmen París por mor da reedición de "EJazz con Jota".
Acompañamos un par de versión +(case)orixinal e estreamos outro disco que se presentará no WOMEX 2014.


Espido "Santa Muller"
Guadi Galego "Norte do Alén (II)"
Guadi Galego "Mergullei"
Dorian Wood "Pianos and Bricks"
The Sadies "Another Yesterday Again"
Sidonie "Sierra y Canadá" 


Carmen París "No me vas a embolicar"
Carmen París "Between Your Hands /Entre tus manos"
Carmen París "Por favor, por amor" 


Dick Justice "Henry Lee"
Nick Cave and the Bad Seeds feat. PJ Harvey "Henry Lee" 


Raúl Rodríguez "Razón de son"


Selecciona e comenta, Pepe Cunha.

16 outubro, 2014

3º Programa Entrelazados

Terceira emisión do programa Entrelazados na Rádio FilispiM, un programa de variedades presentado e conducido por Xurxo Gago, con música galega, literatura, monográficos, pasaxes da historia galega, minientrevistas, divulgación de novas alternativas e misterios do mundo e da terra, conxúganse coa voz d@s oíntes, todo, dende a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos.

Temas das seccións
Literatura Galega: O Monográfico: Rosalía de Castro.
As Minientrevistas: Grupo Vocal Entrelas
A Túa Voz: Tiveches algunha experiencia paranormal? Podes relatala?
Música Galega: Grupo Vocal Entrelas



Email: entrelazadosnasondas@gmail.com.
Subscripción ao Podcast: http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas. Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá.

2º Programa Sin Fronteras (4ª Temporada)

Programa presentado y coordinado por Sunana Alaniz, con Xurxo Gago en el equipo técnico y comentarios, coma invitada María Teressa Vilariño para tratar el tema Colectivo Gitano - Exposición fotográfica en Lugo. En este progra se tratarán, además, las elecciones Bolivia_ Evo Morales y las Elecciones de Brasil y de Uruguay.



Directo: Miércoles de 20:00 a 21:20hrs.
Repetición: Viernes de 11:00 a 12:20hrs.
Online: http://opaii.blogspot.com/
http://sinfronterasrf.blogspot.com/

15 outubro, 2014

O Recuncho nº 202


Mércores, 15 de outubro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 202 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Dr. Antonio García Jiménez: A Sanidade Pública, universal e gratuita.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: Asemblea no Ateneo Ferrolán.
A reelección de Evo Morales en Bolivia.
Na “Sección Poética” : Manuel Altolaguirre
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: compositores vinculados a la Generación del 27 (Falla, Granados, Halffter, Bacarisse...)
Na equipa técnica: Xurxo Gago
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

A Fábrica de lus vol. 32: Parking Express


Falamos con César Manso e con Nes das políticas de mobilidade de Ferrol, da ordenación do estacionamento e do uso da bici. Contamos ademáis coas opinións de vecinos e comerciantes do centro histórico da cidade, preocupados pola decadencia física e da actividade comercial, que relacionan coa falta de estacionamento.

Escarnio! Xa podedes escoitar o segundo programa

Xa podedes escoitar o segudo programa do recentemente estreado Escarnio! Desta vez, centramos o análise principal na vindeira folga estudantil dos días 21, 22 e 23 de outubro. Debatemos sobre as súas causas, obxectivos, métodos, etc. Contamos temén coa intervención telefónica en directo de estudantes doutros puntos do Estado implicados na organización desta importante cita para o estudantado.

Ademais, contades co espazo informativo onde enterarvos das novas que non lle oiredes a Matías Prats, así como a sección cultural con novas recomendacións para disfrutar esta semana.

Quenes escoitárades o primeiro programa, non perdades as novidades e innovacións que vos traemos neste. E lembrade que podedes enviar as vosas achegas e comentarios ao noso correo radioescarnio@gmail.com




Escoita, participa e súmate ao Escarnio!

Fe de erratas: Dise nun momento dado que a reemisión é os luns ás 11:30, cando en realidade é ás 11:00.

13 outubro, 2014

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 114 30.09.2014


CITA A CIEGAS CON U2


“Songs of innocence” es el último trabajo de estudio de U2. Su lanzamiento planetario a través de la plataforma multimedia iTunes, de forma gratuita para 500 millones de usuarios de la misma, tiene muchos significados. El marketing actual, la inseguridad del grupo y su casa de discos en las ventas, la curva de la creatividad humana y su evolución en el tiempo…a lo largo del programa tratamos de reflexionar sobre todo ello, al tiempo que  escuchamos el disco prácticamente completo… por primera vez, tres semanas después de descargarlo…solo esto ya es significativo y convierte el programa en una cita a ciegas con el álbum.
Aprovechamos para repasar la historia de la banda, la evolución del papel que jugó y que hoy juega tanto en lo musical como en lo social Paul D. Hewson, conocido como Bono, en fin, tratamos de ver las cosas con ecuanimidad, para que cada cual se forme su propia opinión, ahora que ellos –como tantos de nosotros- están disfrutando de su Golden Wave…con todo lo que eso conlleva.

Mohamed Safa ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos.


O pasado 21 de setembro as 20.00 h, Mohamed Safa, ex delegado da OLP (Organización para a Liberación de Palestina), ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título “Palestina, despois da ocupación". Este é un extracto da palestra...

Toma de son: Rádio FilispiM.
Redacción Informativos Rádio FilispiM.

A xestión pública do auga en Ferrol.


O pasado mércores, 8 de outubro de 2014, tivo lugar unha nova edición de O Recuncho, o programa da A.C. Fuco Buxán, ao través de 93.9 FM Ràdio FilispiM. Coma convidados estiveron  Alexandre Carrodeguas (Verdegaia) e Ernesto Lópes “Nes” (ADEGA), integrantes da Plataforma para Xestión Pública da Auga e Saneamento da Ría de Ferrol. Nos informativos de Rádio Filispim, rescatamos parte das súas intervencións...

Redacción Informativos Rádio FilispiM.
Related Posts with Thumbnails