Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

18 março, 2015

Descarrega a APP Filispiniana para dispositivos ANDROID

Agora no teu dispositivo

Ja podes escoitar no teu dispositivo ANDROID a Rádio Livre e Comunitária da Terra de Trasanos que emite no 93.9 da FM.

Descarrega a APP Filispiniana escaneando este código QR ou directamente con o enlace desde o teu móbil.

Na APP poderás ver as novas do nosso blog, o telefone de directo, escoitar a radio online, consultar a grelha com a programaçom diária, consultar o nosso Facebook, Twitter, ... e como nom, ler o nosso Quem Somos?

Divertimento - Especial "Igualdade e empoderamento. Accións e propostas". Tres proxectos feministas no pais galego.

Un instante da presentación dos proxectos (foto: Lupe Ces)

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros, do venres 13 de marzo de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre de Ferrol.

Programa especial dende o Ateneo Ferrolan. Emisión en diferido do acto celebrado o 11 de marzo de 2015, baixo o título "Igualdade e Empoderamento. Accións e propostas". Unha interesante mesa redonda organizada polo Ateneo, onde se expuxeron tres proxectos feministas do noso país:
A mesa estivo apresentada por Paula Meizoso.

Apresentación do programa, toma e edición de son: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM de Ferrol e Rádio Kalimera de Compostela.



Todos os Divertimentos: http://pequenosmonstros.blogspot.com

17 março, 2015

O Pinchacarneiro_Inf Retranqueiros- entrvst. FOCAS/ SOS asfedro/ Bouradeiro:polémica videoclipe Enrrique Iglesias

- " Informativos Retranqueiros": novas de actualidade con outra tonalidade.
A nosa corresponsal Susana entrevista a Pablo Álvarez, acuarista e adestrador de focas do Acuario Finisterrae.

- Festival "SOS ASFEDRO" 20 de Marzo: as compañeiras Pablo e Esther entrevistaron a Olga Bastarrechea e Sari Alabau membros da Xunta Directiva de ASFEDRO. As cales nos falaran sobre a delicada situación da asociación.

- "Bouradeiro do Confurco": as e os contertulios da C.T do Confurco, levan a debate o videoclipe de Enrrique Iglesias "noche y día", subvencionado polo goberno da Xunta de Galicia.
 Tema proposto por unha das ouvintes do programa a través do correio pinchacarneiro.asfedro@gmail.com






Off Mental - programa 72 (Especial Durutti Column, 2º parte)

Vini Reilly (The Durutti Column)

Edición nº 72 de Off Mental; a cara "b" da música na cara "b" da radio. Segundo achegamento a Durutti Column, banda post-punk xurdida en Mánchester en 1978, e ao seu principal baluarte, Vini Reilly. A formación ligada estreitamente ao Factory Records, tamén publicou as súas obras ao través do selo belga Les Disques du Crépuscule. A súa música é unha sorte de mistura de jazz, folk, música clásica, rock, mais tamén vangarda.

A narración que pode ouvirse neste audio é unha adaptación radiofónica da entrada adicada aos Durutti Column, aparecida no estupendo blog: http://rincondesconexion.blogspot.com.es/.

Músicas:


  • Never known (Lp. LC. Factory Records, 1981).



  • The missing boy (Lp. LC. Factory Records, 1981).



  • One Chritsmas for your thoughts (Lp compilatorio Chantons Noël-Ghost of Christmas past. Les Disques du Crepuscule, 1981).



  • You´ve heard it before (Lp. Another Setting. Factory Records, 1983).



  • Lisboa (Lp. Amigos em Portugal. Fundaçao Atlântica,1983).



  • The last emotion (Anne Clark/Vini Reilly. Lp Changing Places. Red Flame, 1983).



  • Without mercy -extrato- (Lp. Whithout Mercy. Factory Records, 1984).



  • The room (Ep.12´´. Say What You Mean. Mean What You Say. Factory Records, 1985).



  • Goodbye (Ep.12´´. Say What You Mean. Mean What You Say. Factory Records, 1985).



  • Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela), Radio Redondela, 94,9 FM e TT Radio. Para sumarse a emisión, contacte co Pequeno Monstro.
    Selección musical e locución: André "Pequeno Monstro".
    + info: http://offmental.blogspot.com

    Ábrete de orellas, 9-marzo-15, programa 69

    gravación do 9-marzo-2015

    Chegamos ao programa número 69 do regreso ás ondas. Un número tan suxestivo ben merecía unha selección con carga erótica. Coa premisa habitual do eclecticismo musical e a presenza de artistas do país repasamos algúns estilos, prácticas e preferencias no que se refire á interacción sexual.



    • Hoodoo Gurus "Miss Freelove 69"
    • Billy Bragg "Sexuality"
    • Buzzcocks "Orgasm Addict"
    • María Jiménez "Háblame en la cama"
    • Fanny + Alexander "Que non caiba máis nada"
    • Jorge Dréxler "Tu voyeur" 
    • Lee Perry "Dr. Dick"
    • Semen-Up "Bésame"
    • Transilvanians "Vampire Lover" 
    • Os Resentidos "Sex O'Clock"
    • J.J. Cale "I'll Make Love to You Anytime"
    • Joya Landis "Moonlight Lover"
    • Van Morrison "In the Afternoon" 
    • Macy Gray "Sexual Revolution"

    Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
    Abretedeorellas.com
    Podcast de Ábrete de orellas 

    16 março, 2015

    La Trastienda (tiene menú del día)



    Nesta ocasión, La Trastienda se convirte nun restaurante onde se da primeiro e segundo prato, pan, viño, café e postre a un prezo módico...

    http://www.ivoox.com/trastienda-tiene-menu-del-dia-audios-mp3_rf_4223710_1.html


    As Marchas da Dignidade de Ferrolterra estarán en Madrid o sábado 21 de marzo baixo o lema "A pan traballo e teito, o pobo ten dereito."


    Tempo de información local na Rádio FilispiM.

    As Marchas da Dignidade volven o  sábado 21 de marzo a MADRID e reclaman unha FOLGA XERAL, baixo o lema “A pan traballo e teito o pobo ten dereito!”

    Hai un ano, o 22 de marzo do 2014, un millón de persoas manifestabanse en Madrid convocadas por centos de organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estamos a atravesar. Alí estivo a Columna Galega das Marchas da Dignidade apoiando a necesidade de combater tanta agresión. Agora, de novo, miles de persoas dos diferentes territorios e nacións do estado, e centos de loitas e causas xustas berrarán “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!”. En Madrid a Columna Galega partirá andando da estación de tren de Chamartín ás 3 da tarde até Colón (uns 6 km) onde rematará a marcha con un gran acto final.

    Para todas aquelas persoas interesadas en acudir o sábado 21 de marzo a Madrid dende Ferrol, e participar nesta nova Marcha da Dignidade, este son os datos:

    • Prezo do AUTOBÚS A MADRID (Ida/Volta): 28 €. |
    • Saída: o sábado 21 de marzo ás 6 da mañá do sábado 21 de marzo, desde a Praza 10 de Marzo (a altura do IES Ferrolterra). O bus pasará por Caranza, Fene e Cabanas. Xa en Madrid, a volta a Ferrol será entre as 11 e 12 da noite.
    • Prazas: hai límite e o prazo para anotarse a viaxe remata o xoves 19 de marzo. Para anotarse a viaxe e + información: 603.21.38.63
    Cando a totalidade das columnas galegas cheguen a Madrid concentrarase, na estación de Chamartín dende onde partirán camiñando até Colón, uns 6 Km, onde se finalizará a marcha xunto ao resto das colunmnas do Estado.

    As Marchas da Dignidade en Ferrolterra volven o  21 de marzo a MADRID co lema “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!”. Algún programa de Rádio FilispiM fará unha cobertura especial horas antes da partida das columnas ferrolás, na programación da serán do vernres. Para incorporarse a viaxe a Madrid, contactade co teléfono: 603.21.38.63

    Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitária de Ferrol.
    Fondo sonoro: http://galizacontrainfo.org/

    12 março, 2015

    Escarnio! O 10 de marzo de 1972



    Este xoves 12 de marzo chega de novo Escarnio! ás vosas radios. Dous días despois do aniversario dos feitos de marzo do 72, nos que caían mortos baixo as balas da policía Daniel Niebla e Amador Rey, este éo tema principal que ocupa o noso programa. Para iso, contamos con varias entrevistas a persoas que, dun xeito ou outro, foron partícipes dos feitos.

    Contamos tamén cos nosos informativos nos Partes de Guerra, a información dende a liña da fronte, así como a proposta do libro "La Mujer Nueva" para a sección cultural, relacionada co tamén recente día da Muller Traballadora.



    Escoita, participa e súmate ao Escarnio!

    Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 132 24.2.2015


    ACURRÚCATE EN EL SOFÁ, SIGUE EL INVIERNO

    Falsa alarma, el invierno sigue aquí, tendremos que seguir esperando pacientemente por la primavera. Neblina, llovizna, oscuridad…no hay mejor alternativa que acurrucarte en el sofá con tu pareja y escuchar la mejor música…para emocionarte, para soñar, para compartir…esperando que un suave nordeste nos permita volver a disfrutar de ese cielo azul de marzo y de las olas de primavera.

    Ana Erdozain y Lara Fernández nos facilitan la tarea con una serie de temazos de Peter Broderick, Message to Bears, High Highs, Crystal Fighters, The Church, Tindersticks, Hibou, Hunx, Alt J y Alvvays. Da gusto tener amigas así, ¿verdad?


    11 março, 2015

    20º Programa Entrelazados "Especial 10 de marzo do 72"

    20º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
    coordinado e conducido por Xurxo Gago.
    Temas das seccións
    O Monográfico: [10 de marzo do 72 en Ferrol].
    As Minientrevistas: De Esperanza Vázquez a Rafael Pillado Lista.
    Documentario da CIG: "1972, Para que Galiza viva", sobre a loita obreira galega.
    Música Galega: Miro Casabella coa canción [No Desterro] e en segundo lugar a Benedicto coa canción [Berros de loita (1977)].

    Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
    Twitter:@EntrelazadosRF
    Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
    Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
    Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas
    da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.
    Related Posts with Thumbnails