Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

19 abril, 2015

A plataforma cidadá de Ferrolterra contra do TTIP, falou en Rádio FilispiM.



A Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra do TTIP (Tratado Transnacional de "libre comercio") vén
de participar, o pasado sábado 18 de abril de 2015, nunha convocatoria mundial contra deste tipo de tratados, impulsados a costas da cidadanía, resultado de negociacións ás agachadas entre os gobernos dos Estados de Canadá, EEUU e a propia U.E., con empresas transnacionais, vulnerando todo tipo de dereitos das persoas e prexudiciais ao medio ambiente.

Esta semana, tres integrantes da Plataforma cidadá contra do TTIP en Ferrolterra (Rubén, Celso e Elvira), explicaron na Rádio FilispiM, as orixes deste tipo de tratados e as consecuencias directas contra das persoas habitantes dos Estados que andan a asinar estes Tratados as costas da súa poboazón, como é o caso do español.

Ovímolos...

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol

O Ateneo Ferrolan apresentou umha solicitude de reconhecemento de responsabilidade patrimonial ao Concello de Ferrol.


O Ateneo Ferrolán solicita ao Concello de Ferrol que assuma o custo da fatura do transporte e custódia dos seus bens.

O Ateneo Ferrolán solicitou o reconhecemento da responsabilidade patrimonial ao Concelho de Ferrol em umha rolda de impresna que, seu presidente, Eliseo Fernández e o avogado da entidade, José Manuel Aneiros, deram na passada quarta feira 15 de avril (mércores) no edificio do Ateneo Ferrolán.

A continuaçom escutamos o audio da rolda de impremsa.

Informou Cholo para Rádio FilispiM.
Edición de audio: Pequeno Monstro.

17 abril, 2015

DIVERTIMENTO - Ateneo Ferrolán, rolda de prensa + Plataforma de Ferrolterra contra do TTIP (Acordo Transatlántico de Libre Comercio)

Un instante do programa especial contra do TTIP
Edición do venres 17 de abril, na Rádio Filispim, 93.9 FM, de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
  • Na primeira hora falamos do ATENEO FERROLÁN, da solicitude de recoñecemento de responsabilidade patrimonial que veñen de presentar ao Concello de Ferrol. Escoitamos íntegra a rolda de prensa que o presidente do Ateneo, Eliseo Fernández, e o avogado da entidade, José Manuel Aneiros, deron o pasado mércores no edificio do Ateneo Ferrolan.
  • Na segunda hora falamos do TTIP (Acordo Transatlántico de Libre Comercio), que negocian en secreto EE.UU., Canadá e a U.E. e que, de aplicarse, tería consecuencias directas sobre os nosos dereitos e liberdades individuais e colectivas (saúde, educación, en materia de lexislación laboral, medioambiental...). Para elo contamos no estudio con tres integrantes da Plataforma de Ferrolterra contra o TTIP, Rubén, Celso e Elvira. El@s, ademáis, anunciaron a convocatoria global para este sábado 18 de abril as 12:30 hrs., que en Ferrol terá lugar na  Praza do Concello.
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM e A Kalimera Rádio Livre


16 abril, 2015

O Recuncho nº 215


Mércores, 15 de abril de 2015, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada, e mércores alternativos de 19 a 20 hs. “O Recuncho” nº 215 , programa quincenal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Entrevista telefónica a Alberto Garzón Espinosa, Sectº Xeral de IU, sobre o seu libro “La III República”. No estudio, co tema da República: Celso López Pazos, Presidente da Asemblea Republicana de Vigo, e Manuel Fernández Pita, Presidente de Memoria Histórica Democrática, de Ferrol.
Na “Sección Poética” e nos libros de Víctor: Eduardo Galeano.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: La Gran Orquesta Republicana.
Na equipa técnica: Miguel Castro.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

O Recuncho nº 214


Mércores, 25 de marzo de 2015, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada, e mércores alternativos de 19 a 20 hs. “O Recuncho” nº 214 , programa quincenal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Tema central: O 10 de Marzo de 1972. Coloquio de José Torregrosa, Victor Novás e Miguel Castro, e reproducción de fragmentos do radioteatro “Crónicas Republicanas”.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Andrés Serantes: Lección de vida”.
Na “Sección Poética” : “Días Negros” de Ramiro Fonte.
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “Informes de los sucesos del 10 de marzo” de Rosa Cal.
Novas e comunicados,
Música: Barrikada
Na equipa técnica: Miguel Castro
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

 

15 abril, 2015

23º Programa Entrelazados

23º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega
coordinado e conducido por Xurxo Gago.
 
Literatura Galega: Mestras da República de Historias de Galicia. Diálogos de cine en galego.
Misterios do mundo e da terra: A Chuvia de Xurelos en Lugo. Música Galega: Campana de Pau [Pombiña Mensaxeira], Lamatumbá [Reggae Dos Mariñeiros], Dios Ke Te Crew[Rúa Abaixo].

Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.
Twitter:@EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com
Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html
Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas
da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.

14 abril, 2015

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 135 24.03.2015





SPRING… SUMMER FUN Y LA LIBRERÍA DEL CANTÓN

La librería del Cantón en Ferrol es un estupendo ejemplo de emprendimiento, valentía y amor a los libros. Macu Valle, Isabel Rodríguez y Dani Montes –cuando se puede- la llevan con gran profesionalidad y cuando otean un libro que te pueda interesar incluso te llaman. Sucedió con el titulado “Summer Fun” -Historia de la música Surf- y, naturalmente, lo compré.

Mientras me lo leo –o lo estudio- qué mejor que escuchar buenos temas surf de la mano de los Trashmen, Straitjackets, Dick Dale y sus Del-Tones, Lost Acapulco, Coronas, Honeys, Chantays, Surfaris, Burt Rocket y claro, los de casa, Kanaloas.

12 abril, 2015

Divertimento - Especial Post Conspiratorio + Ruben Artabe_proxecto Cataratas_10 04 2015

Carrero Bianco explosionando no VII Conspirando (3/4/2015)

Edición do venres 10 de abril de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio Filispim, 93.9 FM.

Na primeira media hora visitounos RUBÉN ARTABE, quen dentro do seu proxecto "CATARATAS" vén de gravar unha nova peza musical, "A los ojos de los demás";  nola interpretou en directo, ademáis dunha outra peza en exclusiva mundial. Ademáis, acompañando no estudio a Rubén estivo Maca.

Nas páxinas centrais do programa tivemos un Especial POST-CONSPIRATORIO.
Un respaso ao acontecido no "VII CONSPIRANDO por unha radio libre" o pasado 2 de abril, cun adianto da gravación dos tres concertos na Super 8. Escoitamos parte das actuacións de Saravá Criôlo (Indio e Lidia), SkyHooks (no seu debut) e Carrero Bianco, todos ao vivo no Conspirando. Este audio cuxa duración total é de 3 horas poderá ser ovido íntegro en breve, sen interrupcións, no tempo de "Programas Especiais" da Rádio FilispiM.

No estudio Ana Lucecú, sobre quen pivotou a grande parte da organización do VII Conspirando, Fran Perez (Sonido Emergente) e o Pequeno Monstro, comentaron os recortes sonoros do Conspirando que fomos seleccionando.

Apresentaron e conduciron: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Trasancos) e A Kalimera Rádio Livre, 107.9 FM (Compostela)

11 abril, 2015

PROGRAMA 25 DE SONS REVELA2 (3 DE ABRIL DO 2015)

O programa da semana pasada estivo repleto de temas musicais!

                                                 
Lista de temas:

-Ses: Tronzar os valos
-Kevin Johansen: Sur o no sur
-La vela puerca: La calle adicción
-Djavan: Boa noite
-Carla Bruni: Quelqu`un n`a dit
-Juan Pollo Raffo: Operación repique
-Jethro Tull: Thick as a brik
-Celine Rudolph: Metamorflores
-Fernando Cabrera: Agua
-Gilberto Gil: Madalena
-Jorge Libedinsky: Vi luz y subí.
-Helsinki Cotonovensemble: Agamata na hede.
-Joan Baez: Gracias a la vida
-Michael Camilo: One More once

10 abril, 2015

PROGRAMA 24 DE SONS REVELA2

Neste programa, tivemos o pracer de contar no estudio con varias as compoñentes de "Dron Life". Moitísimas grazas.

                                                       

Temas musicales: 
-Banda do Mar- Cidade Nova 
-The killers- When you were young 
-Robin Schulz- Sun goes Down 
-Los Suaves- Si pudiera 
-Vetusta Morla- Copenhague
-Melendi- El gordo y el narco 

Related Posts with Thumbnails