Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

19 junho, 2015

Ábrete de orellas programa 83, 15-xuño-2015

Menú habitual e ingredientes coidados.
Estreamos 2 discos fantásticos do país, un ben gorentoso en canto a instrumentación e outro con voces e guitarra.
Repasamos concertos desta semana e rematamos recuperando cancións estupendas asociadas a efeméridas dos seus intérpretes.



  • Davide Salvado "Lobos"
  • Uxía & Narf "Cantiga do neno da tenda"
  • Pablo Milanés & José María Vitier "Besos"
  • Ataque Escampe "Serafín"
  • Novedades Carminha "Non quito o chandal"
  • Molotov "Voto latino"
  • Lord Bishop Rocks "My Song"
  • Cró! "Cibercibs"
  • Zënzar "Que decepción!"
  • Slade "Far Far Away"
  • The Zombies "Time of the Season"
  • The Pretenders "Mystery Achievement" 
Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
Abretedeorellas.com  
Podcast de Ábrete de orellas

    16 junho, 2015

    La Trastienda (del outlet)

    Nesta ocasión vendo as cancións que quedaron fora doutros programas e que tiñan que soar en Radio Filispim si ou si. Quedou unha mistura musical ben curiosa! Pasa e escoita!  :)

    http://www.ivoox.com/trastienda-es-outlet-audios-mp3_rf_4644721_1.html

    15 junho, 2015

    PROGRAMA 32 DE SONS REVELA2 (12-06-2015)

    Aquí podedes escoitar o último programa de Sons Revela2, unha hora repleta de novidades musicais, comentarios, carteleira de eventos e diversión! 

                                                     


    14 junho, 2015

    Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 143 2.06.2015




    DOS MESES DESPUÉS DEL VII CONSPIRANDO…
    Hay programas que tienes claro que deseas hacer pero que por una razón o por otra se retrasan semanas o… meses. Pues este, ni un martes más. Un programa eminentemente musical, pues en el pasado “Conspirando” de la Radio, después de las actuaciones estelares de grandes grupos locales encabezados por Carrero Bianco en la sala Super 8, modestamente tomamos los mandos Fran Pérez –compañero de la radio- y quien suscribe, pinchando nuestra propia música.
    En la memoria personal y en la digital conservo la banda sonora de aquella noche, a la que, por cierto, volví a recurrir hace unos días en la reinauguración de un conocido local de playa de San Xurxo, en otra magnífica noche. Por tanto, prepárate a escuchar a Broncho, Lost Acapulco, Jake Bugg, Ahmet Zappa, Lou Reed, Magic Wands, Dee Dee Penny, Coronas, New Order, Maccabees, Ramones, Rick Ocasek….

    11 junho, 2015

    Ábrete de orellas programa 82, 8-xuño-2015


    The Homens regresan por un concerto esta semana, así que protagonizan a sintonía desta semana e un bloque propio.Estreamos o disco de Uxía e Narf, que presentan o mércores 10 en Compostela. Tamén recordamos que nos visitan Sr. Chinarro e Pasajero.

    Propoñemos un trío gañador de versións indies de clásicos populares españois e, para rematar, tres cancións relacionadas con efemérides e un peche jazzístico con Pablo Vidal Trío.


    • Uxía & Narf "Balada da Galiza imaxinaria"
    • Sr. Chinarro "Una llamada a la acción"
    • Pasajero "Gente subterránea"
    • Igloo "El bello verano"
    • Lanuca "Corazón contento"
    • María Rodés "Tengo miedo"
    • The Homens "Crocanti"
    • The Homens "Monte Moriah"
    • The Homens "Amor e non acrobacias"
    • The Four Tops "The Same Old SOng"
    • Violent Femmes "Crawl Out the Window"
    • Prefab Sprout "A Prisioner of the Past"
    • Pablo Vidal Trío "Brétema"
    Selecciona e comenta, Pepe Cunha.
    Abretedeorellas.com 
    Podcast de Ábrete de orellas

    10 junho, 2015

    A Filispina Tolea!, maratón radiofónico, este sábado de 11:00 a 21:00 h. (10 anos radio, 10 horas de radio).

    Continúan os actos en conmemoración do 10º aniversario das emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FMcoa maratón radiofónica "A Filispina Tolea!!!"

    O sábado 13 de xuño, dende as 11 da mañá até as 9 da noite, emitiranse 10 horas ao vivo para celebrar os 10 anos de emisións da radio libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol. 

    Nesta festa da radio libre haberá músicas en directo, humor, lembranzas, mestura de programas actuais e regreso de voces que foron parte destes 10 anos de radio libre e comunitaria. Serán 10 horas continuadas coas voces do presente, do pasado e do futuro… as voces da túa comunidade!

    O Colectivo Opaíí! invita a sintonizar o 93.9 da FM, ou vía streaming neste blog, e a participar a traves do teléfono directo 981.371040. Porque a xente conta!

    Lembra: este sábado 13 de xuño entre as 11 da mañá e as 9 da noite… “A Filispina Tolea!!!”. 10 horas de radio ao vivo, 10 anos de vida.

    Rádio FilispiM; 10 anos compartindo!


    09 junho, 2015

    O beco da língua vol.04: Festivais de verão.


    Damos uma vista de olhos aos festivais de verão de música que vão decorrer em Portugal continental. Desde Loulé, no Algarve, até Vilar de Mouros, ao norte. Além disso, a Glória traz-nos a agenda dos eventos relacionados com a cultura lusófona na Galiza para as próximas datas.

    08 junho, 2015

    Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 142 26.05.2015




    UN RECORRIDO POR LA VIDA DE LUIS RODRIGUEZ

    Pocos surfers en Galicia han vivido -y viven- este deporte con tanta intensidad y durante tanto tiempo como el ferrolano Luis Rodriguez. Prácticamente desde los 8 años hasta hoy el surf es el centro de su vida. Aficionado primero, semiprofesional después, competidor nato, surfer viajero (Europa, 5 veces a Hawaii, Isla de Pascua…), monitor de surf y director ahora de su propia escuela de surf.

    Recorrer su vida es hacerlo por el surf de Galicia y Europa en los últimos 20 años, con incursiones y sabrosas anécdotas de sus estancias en Hawaii y otros lugares míticos. Su perspectiva de la enseñanza del surf es muy interesante, así como sus opiniones acerca de los pros actuales y, como no, sobre los surfers que nos visitan en Ferrolterra a bordo de sus furgonetas. Aprovechamos el recorrido vital de Luis para hacer lo propio con la banda sonora de “Thicker than water”, la inolvidable película  de los hermanos Malloy y Jack Johnson que recoge un surfari de 18 meses.

    07 junho, 2015

    DIVERTIMENTO - Milómanos + Campaña apoio programa "Planeta Furancho" (Vituco Neira)

    Manu e Milo (Milómanos) e banner de programa Planeta Furancho  (Vituco Neira)

    Edición do venres 5 de xuño na Rádio Filispim, 93.9 FM, de DIVERTIMENTO para pequenos monstros...

    CONTIDOS:
    • Na primeira hora do acudiron ao estudio da FilispiM, os integrantes da banda ferrolá MILÓMANOS, Milo e Manu, que co seu pop acústico e incisivo, conversaron e perpetraron pezas da súa primeira maqueta e algunha que outra sorpresa ao vivo... 
    • Na segunda hora, especial PLANETA FURANCHO, con conexións con Leonardo Fernández Campos (LEO ARREMECÁGHONA) e Xose Anton BOCIXA (ZENZAR), que nos falaron da campaña en apoio a continuidade de emisións na radio publica galega (Radio Galega Música) de Planeta Furancho, programa que até o pasado venres 29 de maio conducía Vituco Neira. Sumarémonos a campaña difundindo este novo episodio de "auto-odio" (á cultura propia do país) nos medios públicos de Galicia. 

    Apresentan e conducen: Ana Lucecú o Pequeno Monstro.
    Difunden: Rádio Kalimera, 107.9 e Rádio FilispiM, 93.9 FM, radios libres (GZ).
    Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

    05 junho, 2015

    Escarnio! Selectividade: outra forma de restrinxir o dereito a estudar


    Este xoves 4 de xuño chegou un novo programa de Escarnio! a Radio Filispim. Desta volta, a unha semana escasa dunha importante data para moitos e moitas estudantes, analizamos as probas da selectividade. Debatimos sobre cómo condicionan estos exames aos nosos estudos e o noso futuro académico e profesional, entre outras cuestións do tema.

    Contamos tamén cunha nutrida información local, comezando coa folga das traballadoras de Los Telares, coas que fixemos unha conexión telefónica en directo. Entre outras cousas, no eido internacional informaremos da campaña de solidariedade cos traballadores turcos detidos o pasado 1º de maio, e a recollida de firmas que podedes atopar no seguinte enlace: http://hukumsuzdur.net/index-es.php

    Non perdades tampouco as propostas que vos traemos para a nosa Sección Cultural, e lembrade que podedes participar a través do Twitter @Escarnioradio



    Escoita, participa e súmate ao Escarnio!
    Related Posts with Thumbnails